Nesta semana recibimos as cabazas e os microrrelatos. Nos próximos días resolveremos os dous concursos.
Coma todos os anos, son terroríficas as vosas creacións!
Nesta semana recibimos as cabazas e os microrrelatos. Nos próximos días resolveremos os dous concursos.
Coma todos os anos, son terroríficas as vosas creacións!
A poeta da Pobra do Brollón, Olga Novo, obtivo o Premio Nacional de Poesía coa obra Feliz idade.
Trátase dun poemario cunha forte implicación sentimental e emocional. É de destacar, tamén, a presenza do mundo rural e o seu progresivo abandono.
Olga Novo é poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario, ten publicados outros poemarios:
A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez)), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011, Premio da Crítica)
A Pastoriza, 8 de outubro de 2020
Estimada comunidade educativa:
Como levamos facendo desde hai dous anos, iniciamos neste mes de outubro a nosa andaina no Club de Lectura LERLEREI, co obxectivo de potenciar o hábito lector entre o noso alumnado. Formamos parte deste profesoras, persoal non docente, alumnado e, no curso pasado, incorporáronse dúas familias a esta iniciativa; mais a biblioteca continúa aberta á participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.
Damos a benvida ao novo alumnado, ás súas familias e ao profesorado e convidámosvos a participar connosco nesta apaixonante viaxe que é a lectura. Nestes días distribuímos os novos carnés de lectores e lectoras, para que poidades retirar libros en préstamos, durante 15 días, ampliables ao tempo que fose preciso. As familias atenderémolas por vía telefónica, no horario de dedicación á biblioteca (que se recolle máis abaixo); e os libros farémosvolos chegar polas vosas fillas e fillos.
Pertencer ao Club de Lectura supón ler, conversar e opinar sobre o lido, participar nalgunhas actividades como: visionado de documentais, encontro con escritores e outras que vaian xurdindo en relación coas obras propostas.
As reunións do Club de Lectura están por determinar, mais en principio, realizaremos nos recreos (de luns a xoves de 12:15 a 12:35 e venres de 11:50 a 12:10) e algunha pola tarde entre as 16:00 e as 18:00 h, sempre garantindo as medidas hixiénicas de desinfección e ventilación; tamén, dada a situación sanitaria podemos pensar en realizar algunha xuntanza de maneira virtual.
As lecturas propostas serán variadas en xéneros e en temáticas. Iniciamos con cómic, seleccionamos a obra Zenobia.
Atentamente, agradecemos a atención prestada e para calquera dúbida estaremos ao voso dispor para resolvela.
Un saúdo
Biblioteca do IES Fonmiñá
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | ||
9:45 10:35 | 10:10 11:00 | |||||
10:35 11:25 | Soco | Soco | 11:00 11:50 | |||
11:25 12:15 | Soco | 11:50 12:10 | ||||
12:15 12:35 | Matilde | Soco | Soco | Matilde | Soco | 12:10 13:00 |
12:35 13:25 | 13:00 13:50 | |||||
13:25 14:15 | Soco Matilde | 13:50 14:40 | ||||
14:15 15:05 |
Onte deixábanos Quino, un crítico mestre do humorismo gráfico. Con el tamén marchou a pequena Mafalda, tan loitadora, pois tentou mudar este mundo.
Sempre nos acompañarán!
Hoxe retomamos a HORA DE LER, iniciada no curso pasado. Tivemos que prescindir da biblioteca de aula, polo tanto pedímosvos a todas e todos responsabilidade para que non vos esquezades de ter sempre convosco un libro ou de collelo en préstamo na biblioteca.
Lembrade que tedes o calendario nas vosas aulas