xoves, 28 de xuño de 2018

DE CANDO XABIER P. DOCAMPO PETOU NA PORTA DO IES FONMIÑÁ

Imaxe tomada de http://bvg.udc.es
Nun mes de abril de hai unha ducia de anos, tivemos a sorte de recibir a Xabier Docampo e a Xosé Cobas, o seu ilustrador "de cámara". Viñan coa idea de nos pintar un conto e iso fixeronXabier narraba e Cobas pintaba, e os alumnos e alumnas alí presentes, colaboraban no desenvolvemento da historia. A actividade transcorrera no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello, porque daquela había pícaros dabondo para ocupalo enteiro e non había espazo físico para que collesen todos na biblioteca. Alí nos citamos con eles dous, chegaron puntuais coma reloxos e comezou a maxia...
Agora quédanos o debuxo de Cobas que enmarcamos como recordo daquela bonita xornada, e as palabras de Xabier, na memoria dos que estabamos alí, e nos seus libros que o Papalouzas garda na biblioteca con moito agarimo🐭📒📙📘 . Todos estes anos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO puideron gozar de Cando petan na porta pola noite, O pazo baleiro ou O misterio das badaladas.  Grazas por aquel día, querido Xabier, que teñas unha boa viaxe.🍃🍃

venres, 15 de xuño de 2018

GRAZAS...

O ratiño Papalouzas e familia marchan de vacacións, e temos que recoñecer que as merecen ben despois dun curso traballando arreo na biblioteca coidando dos libros.
Milleiros de grazas a todos e todas pola vosa colaboración, boa disposición e interese cara a todas as actividades realizadas no espazo da biblioteca, na revista escolar e no blog 💜💛🐭🐭🐭🐭🐭

xoves, 14 de xuño de 2018

12 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

 Aproveitando que hai dous días se celebrou o Día Mundial contra o Traballo Infantil, dende este blog querémonos sumar á condena deste tipo de prácticas. A día de hoxe, 120 millóns de nenos entre 5 e 14 anos están sendo explotados.

Transmitimos a nosa solidariedade a todos estes nenos e nenas con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.

                           


 Buckets of Rain

Traballa de sol a sol.
Inda non sabe falar.
Cos seus ollos amarelos
só coñece o que é picar.

Rotos anacos de vida
no medio de Bangladesh.
As palmas das mans desfeitas,
de cor negra a súa pel.
                                                     
Bate con forza na pedra
 e non sabe nin quen é.
Esfarela a súa vida
desde que nace ao amencer.

mércores, 13 de xuño de 2018

E HOXE, LECTURA DRAMÁTICA

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO sorprendéronos coas súas dotes dramáticas realizando interpretacións de clásicos do teatro español. Fragmentos de La casa de Bernarda Alba, Yerma, Historia de una escalera, El sí de las niñas, Eloísa está debajo de un almendro ou Tres sombreros de copa, foron as obras coas que estiveron traballando
  Admirade o talento dos nosos actores e actrices!🎭





martes, 12 de xuño de 2018

LECTORES NOS CORREDORES

Con franqueza, non estamos afeitos a ver imaxes coma esta nun instituto ou en calquera lugar público. O obxecto que adoitamos ter nas mans cos ollos fixos nel é un móbil 📱, así que é un auténtico pracer ver unha alumna nosa lendo un libro toda concentradiña 📕📖. Preguntámoslle a Daniela que estaba a ler e falounos de Nerve, unha novela de Jeanne Ryan, unha historia de moita acción, intriga e romance incluído. Pinta ben. Cando a remates, avisa.

luns, 11 de xuño de 2018

ACTIVIDADE INTERXERACIONAL

Hoxe querémosvos dar a coñecer unha actividade preciosa que realizaron os alumnos e alumnas de 2º de ESO na Residencia de Maiores Domus VI de Outeiro de Rei. Os nosos rapaces agasallarons aos residentes cunha peciña de teatro creada por unha das alumnas e a seguir, levaron a cabo un intercambio de palabras, isto é, cada alumno/a amosou unha palabra habitual no vocabulario desta xeración (millenial, shippear, outfit, LOL, hater...)  e os maiores, en troques, dixéronlles palabras que utilizaban cando eran mozos e que agora están en desuso.
Non perdades este vídeo onde veredes a boa conexión interxeracional e o moito que aprendemos os uns dos outros.




venres, 8 de xuño de 2018

DESPIDAMOS A PRIMAVERA

... con este poema composto por Iria Castrillón🌺🌻🌼🌹🌸🌷🐦. A ver se o 🌞se anima a aparecer! Colabora no recitado Carlos Florencio.


xoves, 7 de xuño de 2018

COÑECENDO A VIDA E OBRA DE Mª VICTORIA MORENO

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO están a aprender moitos detalles da vida e da obra de Mª Victoria Moreno, por medio dos carteis temáticos que temos postos nunha das paredes do centro.
Observación e colaboración: os rapaces teñen que cubrir un cuestionario de 20 preguntas. As respostas atópanse en cada un dos 10 carteis sobre autora.
Unha boa actividade para practicar a comprensión lectora!



mércores, 6 de xuño de 2018

TÉCNICAS DE ESTUDO EN VERSO

É a proposta que nos fai Ricardo, quen coa colaboración de Lucía e Antía, realizou un poema no que aconsella como sacar ben o curso✅ que está a piques de rematar e así evitar sustos e desgustos ao final de todo. 😖😢❌


martes, 5 de xuño de 2018

luns, 4 de xuño de 2018

BRAIS E DAVID FÁLANNOS DA ESMORGA

Gustoulles o argumento da gran novela de Eduardo Blanco Amor e deciciron lela de xeito voluntario e agora fálannos da impresión que lles causou.


venres, 1 de xuño de 2018

HAVANA OU BANANA?

E seguimos con videoclips! Desta volta tócalles aos rapaces e rapazas de 2º de ESO, que realizaron una parodia da canción Havana de Camila Cabello. Sábenvos as 🍌🍌🍌?