Este ano, o Día das Letras Galegas é dedicado a Xela Arias, poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Tamén traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.
É autora dos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003).
Realizou traducións ao galego de obras como Drácula de Bram Stoker, As bruxas de Roal Dahl, O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor de Jorge Amado, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, entre outras.
Na semana previa ás Letras Galegas e durante esta semana, dende o Departamento de Lingua Galega demos a coñecer ao noso alumnado a figura transgrasora, inconformista e loitadora de Xela Arias. Vimos vídeos, escoitamos poemas musicados pola Banda da Loba, lemos poemas, resolvemos xogos...
Deixamos aquí mostra dalgúns dos recursos utilizados:
- un autodefinido
- un xogo de escape Os segredos de Xela.
![]() |
Podes consulta o que precises... |
![]() |