Prá a Habana!...
venres, 23 de febreiro de 2018
24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Mañá sábado, 24 de febreiro, conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Queremos lembrar a autora de Cantares gallegos e Follas novas co mannequin challenge que realizaron o curso pasado os alumnos e alumnas de 1º de ESO recreando o seu poema
Prá a Habana!...
Prá a Habana!...
xoves, 22 de febreiro de 2018
XIX CONCURSO DA FILLOA 2018
Recén rematado o Entroido retomamos o tema das filloas coa XIX Concurso da Filloa que como cada ano, organiza o Concello de Cospeito co gallo da Festa da Filloa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Poderán participar todos os estudantes dos Concellos da Terra Chá, incluído o noso.
Os traballos dividiranse en 2 categorías:
debuxo e redacción ou conto.
O tema único é a Festa da Filloa. Os participantes deberán realizar os seus traballos sobre este delicioso produto da nosa gastronomía.
A redacción poderá ser en prosa ou en verso, a man ou ordenador. Poderase realizar en forma de comentario, redacción, anécdota, etc. A súa extensión será dun mínimo de 2 folios e 5 de máximo por unha soa cara.
Os debuxos serán nun só folio ou cartolina e poderase empregar calquera variedade de lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similar.
Lembrámosvos que xa tivemos hai dous anos unha alumna do noso centro premiada no concurso.

mércores, 21 de febreiro de 2018
A PALABRA XUSTA. Día internacional das linguas Maternas.
O 21 de febreiro a UNESCO celebra o Día internacional das linguas maternas, con ese motivo vaise programar a película A palabra xusta que nos conta a vida de Antía Cal, unha mestra de Muras que fundou en Vigo nos anos 60 unha escola de avangarda pedagóxica.
En Lugo vaise proxectar tamén hoxe, día 21, ás 20h no Auditorio do Cárcere Vello. É unha fermosa homenaxe á xente que se dedica ao ensino con vocación e devoción e que pensa que dende a escola se pode facer un mundo mellor.
Se queredes ver un trailer da película premede no título da mesma.

martes, 20 de febreiro de 2018
PEGATINAS POÉTICAS
Como prometido, convertemos en pegatinas algúns dos versos creados polos rapaces e rapazas no obradoiro Versos en pegatina do pasado 31 de xaneiro. Outras das composicións tédelas no novo número de Petiscos.
Son pequenos adhesivos que locen de marabilla en calquera soporte: móbiles, cadernos, caixas, axendas, ordenadores, tabletas, espellos..., en fin, onde queirades. Decoremos a nosa vida cotiá con poesía!
Os biscoitos feitos neste forno saben máis cos versos de Daniela (2º de ESO)😋😋
Son pequenos adhesivos que locen de marabilla en calquera soporte: móbiles, cadernos, caixas, axendas, ordenadores, tabletas, espellos..., en fin, onde queirades. Decoremos a nosa vida cotiá con poesía!
Esta funda de móbil gaña un mundo coas palabras de Diego (3º de ESO)
📱📲📳
Algún profesor escolleu a proposta de Pablo (3º de ESO) porque lle conxuntaba moi ben ademais de polo seu contido😉...
Coa poesía viáxase... no sentido literal da palabra. Iso pensa Verónica (4º de ESO) 🗼🗽🗻🏰🗿
Unha libretiña ideal para portar o haiku de Yoel (3º de ESO)📓
Un aburrido ordenador negro, perfecto para lucir as creacións de María (3º de ESO) e de Tania (4º de ESO)
A contundente mensaxe de Mª Anxos (3º de ESO) non perde forza neste portalapis de madeira.
luns, 19 de febreiro de 2018
MICRO-RELATOS.GAL
A Real Academia Galega e Puntogal convocan un concurso de micro-relatos. Está aberto a todas as idades, así que se vos apetece, soamente tedes que escribir un relato cun máximo de 200 palabras.
Os tres mellores micro-relatos serán premiados con:
1º. Un I-pad e unha cámara goPro.
2º. Un kindle e un disco duro externo.
3º. Un lote de libros, un dominio gratuíto durante un ano e merchandinsing de Punto.gal. Estes dous últimos agasallos tamén os recibirán o 1º e 2º mellor micro-relato.
A data límite de envío dos micro-relatos é o 28 de febreiro.
Para consultardes as bases, premede en micro-relatos 📝
Aínda hai tempo para que fagades unha micro-obra de arte. Boa sorte!

xoves, 15 de febreiro de 2018
NOVO NÚMERO DE PETISCOS!
Moitas grazas aos compañeiros e compañeiras que colaborastes na revista, facilitando material, analizando unha obra literaria ou na coordinación dalgúns traballos.
Desexamos que o pasedes moi ben léndoa. De momento podédela ver en liña. De cara á primavera 🌷🌹🌻🌼 teremos as edicións impresas.
PARABÉNS, Mª ANXOS!
![]() |
| Mª Anxos posando co retrato pintado por ela de "El niño de la hipoteca", un dos seus cantantes favoritos. |
O venres 16 ás 18h terá lugar a entrega dos premios na Biblioteca Municipal de Lugo, por se queredes ir...
Bravo, Mª Anxos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)