Non perdades este vídeo onde veredes a boa conexión interxeracional e o moito que aprendemos os uns dos outros.
luns, 11 de xuño de 2018
ACTIVIDADE INTERXERACIONAL
Hoxe querémosvos dar a coñecer unha actividade preciosa que realizaron os alumnos e alumnas de 2º de ESO na Residencia de Maiores Domus VI de Outeiro de Rei. Os nosos rapaces agasallarons aos residentes cunha peciña de teatro creada por unha das alumnas e a seguir, levaron a cabo un intercambio de palabras, isto é, cada alumno/a amosou unha palabra habitual no vocabulario desta xeración (millenial, shippear, outfit, LOL, hater...) e os maiores, en troques, dixéronlles palabras que utilizaban cando eran mozos e que agora están en desuso.
Non perdades este vídeo onde veredes a boa conexión interxeracional e o moito que aprendemos os uns dos outros.
Non perdades este vídeo onde veredes a boa conexión interxeracional e o moito que aprendemos os uns dos outros.
venres, 8 de xuño de 2018
DESPIDAMOS A PRIMAVERA
... con este poema composto por Iria Castrillón🌺🌻🌼🌹🌸🌷🐦. A ver se o 🌞se anima a aparecer! Colabora no recitado Carlos Florencio.
xoves, 7 de xuño de 2018
COÑECENDO A VIDA E OBRA DE Mª VICTORIA MORENO
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO están a aprender moitos detalles da vida e da obra de Mª Victoria Moreno, por medio dos carteis temáticos que temos postos nunha das paredes do centro.
Observación e colaboración: os rapaces teñen que cubrir un cuestionario de 20 preguntas. As respostas atópanse en cada un dos 10 carteis sobre autora.
Unha boa actividade para practicar a comprensión lectora!

mércores, 6 de xuño de 2018
TÉCNICAS DE ESTUDO EN VERSO
É a proposta que nos fai Ricardo, quen coa colaboración de Lucía e Antía, realizou un poema no que aconsella como sacar ben o curso✅ que está a piques de rematar e así evitar sustos e desgustos ao final de todo. 😖😢❌
martes, 5 de xuño de 2018
luns, 4 de xuño de 2018
BRAIS E DAVID FÁLANNOS DA ESMORGA
Gustoulles o argumento da gran novela de Eduardo Blanco Amor e deciciron lela de xeito voluntario e agora fálannos da impresión que lles causou.
venres, 1 de xuño de 2018
HAVANA OU BANANA?
E seguimos con videoclips! Desta volta tócalles aos rapaces e rapazas de 2º de ESO, que realizaron una parodia da canción Havana de Camila Cabello. Sábenvos as 🍌🍌🍌?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)