A poetisa, editora e actriz, Antía Otero, encargouse de impartir un obradoiro de poesía aos alumnos e alumnas de 1º de ESO, desafiándoos a crear os seus propios poemas a partir dun orixinal da autora á que homenaxearemos o 17 de maio. Os resultados foron sorprendentes e habédelos de ver no vindeiro número da revista Petiscos.
Grazas, Antía, pola túa presenza e grazas aos rapaces e rapazas de 1º por servos tan participativos e por portarvos tan ben.
mércores, 31 de xaneiro de 2018
martes, 30 de xaneiro de 2018
ODA A UNHA PICADORA
A poesía non ten barreiras e o amor aínda menos, entón, por que unha picadora de millo non ha ser a musa dun poeta? Esta é a proposta do alumno Carlos Florencio, que se animou xunto con José Antonio, inspirador da idea, a recitar a súa oda a esta máquina agrícola.💓💔💕💖💗💘
luns, 29 de xaneiro de 2018
27 de xaneiro, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto
![]() |
| Versión en galego de Maus, dispoñible na biblioteca. |
Para que non se volvan repetir aqueles feitos, dende a biblioteca aconsellámosvos que leades historias relacionadas co tema que vos farán coñecer máis de perto os sufrimentos que viviron millóns de persoas. Temos Maus, de Art Spiegelman, unha banda deseñada, que entre os innumerables premios que gañou, está o premio Pulitzer no ano 1992. Unha xoia do cómic que narra a conmovedora historia de Vladek, pai de Art, un xudeo-polaco supervivente dos campo de concentración nazis. Spiegelman retrata as razas humanas mediante diferentes tipos de animais, os xudeus, coma ratos; os nazis, coma gatos e os polacos, coma cochos.
Está tamén ao voso dispor en galego e en castelán, O neno do pixama a raias, o best-seller de John Boyne, levado tamén ao cine, que narra a forte amizade entre dous nenos, Bruno, fillo dun militar nazi de alto rango, con Shmuel, un neno xudeu, prisioneiro no campo de concentración.
E non pode faltar o Diario de Ana Frank, a rapaza xudía holandesa, que durante os catro anos nos que ela e mais a súa familia estiveron agochados xunto con outra famila e un dentista, nun anexo duns almacéns de Amsterdam, escribiu un diario. Despois de seren descubertos e detidos pola Gestapo, foron todos deportados aos campos de concentración. Ana morreu xunto coa súa irmá Margot, no campo de Bergen-Belsen, dous meses antes da liberación de Holanda. Seu pai foi o único que sobreviviu de todos os agochados e fixo publicar o diario da súa filla, que se converteu nun dos libros máis lidos en todo o mundo.
venres, 26 de xaneiro de 2018
DICIONARIO GALEGO-PASTORICENSE 4. Comportamentos.
Concluímos o noso pequeno vocabulario ensinándovos como din os pastoricenses meter os fociños onde non nos chaman ou que palabra utilizan ás veces para burlarse de alguén ou cando se senten amolados por algo.
xoves, 25 de xaneiro de 2018
DICIONARIO GALEGO-PASTORICENSE 3. Peculiaridades físicas e forma de ser.
Seguro que se non sodes da Pastoriza non usades estas palabras para vos referir a un zoupón ou a un belfo. A que nunca masculinizades a unha besta?...
mércores, 24 de xaneiro de 2018
DICIONARIO GALEGO-PASTORICENSE 2. Apeiros de labranza.
Canto pode mudar un nome dun instrumento de labranza en tan pouco espazo, ou iso é o que nos fan ver os nosos rapaces e rapazas...
luns, 22 de xaneiro de 2018
DICIONARIO GALEGO-PASTORICENSE 1. Nomes de plantas.
En 10 vídeos os nosos alumnos e alumnas amósannos a riqueza e variedade léxica da zona da Pastoriza e sorpréndennos como pode variar o nome dunha planta en tan pouca distancia e como se di de igual maneira entre lugares máis afastados. Esta é a nosa primeira entrega do Dicionario Galego-Pastoricense. Non a perdades!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



