xoves, 31 de maio de 2018
RAP PASTORICENSE
Non perdades este rap composto e protagonizado por Alba Iglesia Fernández e Antía Fernández Ónega e gravado por Noelia Villamide. Os pastoricenses teñen que estar ben contentos. Bo traballo, rapazas!
mércores, 30 de maio de 2018
VOLVE LOULOGIO!
A nosa incondicional seguidora do youtuber, humorista e debuxante Loulogio quérenos recomendar dúas bandas deseñadas máis do polifacético artista: Taxus e El regreso del hombre pez. A ver se vos convence para que os leades, en plena época de exames, ela está que non aguanta!
martes, 29 de maio de 2018
LEMBRAMOS O ANIVERSARIO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Un día coma hoxe, 29 de maio, pero do ano 1947, naceu en Vilalba Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Tristemente deixounos hai dous anos e non lle podemos dar os parabéns polo seu aniversario🎂. Así e todo queda a súa obra que tanto segue a gustar a nenos, mozos e non tan mozos.A biblioteca do Papalouzas ten moitos exemplares -varios repetidos- dos libros de Agustín, moitos deles xa ben usadiños (boa cousa!)
Non esquezades que o vilalbés estivo no Fonmiñá no ano 2001, quédanos unha bonita dedicatoria nun exemplar de Cartas de Inverno, un dos seus libros máis populares, da que estamos todos moi orgullosos.
luns, 28 de maio de 2018
PAPALOUZAS POP
Sempre é interesante facer versións sobre unha creación orixinal. David Trashorras, de 4º de ESO realizou a súa propia do Papalouzas orixinal de Mª Anxos Corredoira, emulando a arte de Andy Warhol.
O resultado gustounos ben.
venres, 25 de maio de 2018
XA SAÍU A VERSIÓN IMPRESA DE PETISCOS!
Papalouzas e familia foron buscar esta mesma mañá ao prelo a revista impresa. Estaba ben lela en liña pero presta máis apalpala e ver os estupendos traballos literarios e artísticos que fixeron os alumnos e alumnas do instituto ao longo deste curso.
Teredes as revistas ao voso dispor na oficina a partires do luns. Xa sabedes o que tedes que levar ademais do voso sorriso 😉
Teredes as revistas ao voso dispor na oficina a partires do luns. Xa sabedes o que tedes que levar ademais do voso sorriso 😉
xoves, 24 de maio de 2018
Á LA GARE
Carla vai mercar un billete de tren na estación de tren do Fonmiñá. Devinez où veut-elle aller... Bon voyage, Carla!🚉
mércores, 23 de maio de 2018
EXPOSICIÓN "O MUNDO QUE QUEREMOS"
Os alumnos Iago, Jacobo e Iván están a termar dos cartaces da exposición sobre o proxecto O mundo que queremos, coordinado polo Departamento de CCSS-Xeografía e Historia, que comezou o ano pasado e continúa neste curso.
Estes cartaces estiveron expostos na Casa da Cultura do Concello de A Pastoriza a finais do curso 2016-2017 e agora voltan ao noso centro onde serán expostos durante un tempo na Biblioteca.
Trátase de fotografías realizadas polos alumnos e alumnas de 2º e 4º de ESO sobre temas tan dispares como a preservación do medio ambiente, o acoso escolar, a cousificación da muller nos medios de comunicación e as desigualdades sociais, pero cos que convivimos a diario e moitas veces non nos paramos a reflexionar sobre os mesmos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)