A Pastoriza, 8 de outubro de 2020
Estimada comunidade educativa:
Como levamos facendo desde hai dous anos, iniciamos neste mes de outubro a nosa andaina no Club de Lectura LERLEREI, co obxectivo de potenciar o hábito lector entre o noso alumnado. Formamos parte deste profesoras, persoal non docente, alumnado e, no curso pasado, incorporáronse dúas familias a esta iniciativa; mais a biblioteca continúa aberta á participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.
Damos a benvida ao novo alumnado, ás súas familias e ao profesorado e convidámosvos a participar connosco nesta apaixonante viaxe que é a lectura. Nestes días distribuímos os novos carnés de lectores e lectoras, para que poidades retirar libros en préstamos, durante 15 días, ampliables ao tempo que fose preciso. As familias atenderémolas por vía telefónica, no horario de dedicación á biblioteca (que se recolle máis abaixo); e os libros farémosvolos chegar polas vosas fillas e fillos.
Pertencer ao Club de Lectura supón ler, conversar e opinar sobre o lido, participar nalgunhas actividades como: visionado de documentais, encontro con escritores e outras que vaian xurdindo en relación coas obras propostas.
As reunións do Club de Lectura están por determinar, mais en principio, realizaremos nos recreos (de luns a xoves de 12:15 a 12:35 e venres de 11:50 a 12:10) e algunha pola tarde entre as 16:00 e as 18:00 h, sempre garantindo as medidas hixiénicas de desinfección e ventilación; tamén, dada a situación sanitaria podemos pensar en realizar algunha xuntanza de maneira virtual.
As lecturas propostas serán variadas en xéneros e en temáticas. Iniciamos con cómic, seleccionamos a obra Zenobia.
Atentamente, agradecemos a atención prestada e para calquera dúbida estaremos ao voso dispor para resolvela.
Un saúdo
Biblioteca do IES Fonmiñá
HORARIO BIBLIOTECA
IES FONMIÑÁ
| LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
|
9:45 10:35 |
|
|
|
|
| 10:10 11:00 |
10:35 11:25 | Soco |
| Soco |
|
| 11:00 11:50 |
11:25 12:15 |
|
|
|
| Soco | 11:50 12:10 |
12:15 12:35 | Matilde | Soco | Soco | Matilde | Soco | 12:10 13:00 |
12:35 13:25 |
|
|
|
|
| 13:00 13:50 |
13:25 14:15 | Soco Matilde |
|
|
|
| 13:50 14:40 |
14:15 15:05 |
|
|
|
|
|
|