martes, 26 de setembro de 2017

Daniela e Nicolás recoméndanvos...

Os irmáns Acebedo Torrego, alumnos de 2º de ESO e bibliófilos do IES Fonmiñá, vanvos recomendar un par de lecturas para este outono recén aterrado.

El Perfume, de Patrick Süskind. Gustoume porque é un libro algo complexo e polo tanto, máis entretido, con moitos detalles e unha trama que te mantén atenta e desexando avanzar constantemente. A novela vai dun home cun sentido do olfacto extraordinario pero que carece de olor, entón crea un perfume que o converte na persoa máis desexada do planeta, aínda que para conseguilo teña que matar rapazas virxes. 
Recomendo o libro para os que teñan algo de experiencia lendo (non convén empezalo sen algo de vocabulario) porque supón un reto para as túas 
capacidades. Despois non  queres parar de lelo.




El juego de Ender, de Orson Scott Card. Gustoume porque é de ciencia-ficción e a min encántame este xénero, e tamén polo final totalmente inesperado. Recomendo lelo porque é un libro doado de comprender e está contado dende o punto de vista dun neno. Ese neno é o terceiro fillo dunha familia da Terra, onde a norma é só ter dous fillos por familia. Aos seis anos Ender é reclutado para a Escola da Batalla, unha estación espacial onde preparan os nenos para  Terceira Invasión, unha guerra cos Insectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario