A editorial Santillana-Obradoiro vén de sacar dúas preciosas edicións en lingua galega, de dúas novelas de referencia na literatura fantástica que nos cautivaron a tantos nenos e preadolescentes (e de máis idade!) de comezos da década dos 80: A historia interminable e Momo, ambas as dúas da autoría de Michael Ende . A historia interminable narra dúas aventuras paralelas, a do guerreiro Atreyu, personaxe literario, e a de Bastian, un rapaz solitario que ten paixón polos libros e le as aventuras de Atreyu para se evadir da súa vida cotiá. Ao final acaba viaxando polos lugares que le nos seus libros. Ideal para todos os que busquedes o voso lugar no mundo, Bastian conseguiuno...
Momo é unha encantadora pequena que posúe a marabillosa cualidade de escoitar aos demais e axuda a xente a que os malvados homes grises non lles rouben un dos seus bens máis prezados: o tempo.
Se amades as historias fantásticas, velaquí as tedes, agardando por vós na Biblioteca. Un consello, non vexades as películas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario