Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en memoria da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incenciada no 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca coma lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e coma un instrumento de mellora da formación e da convivencia.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos os dous de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e mais o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas do estado. Este ano os elixidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración da Feria de Bolonia-Fundación SM.
O acto conmemorativo terá lugar o 24 de outubro en Talavera de la Reina (Toledo) e o pregón Como Mary Poppins, pero sin volar. Se queredes lelo, premede no título do mesmo, vaivos encantar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario