Os memes máis habituais son os humorísticos pero tamén son un material moi bo para traballar a expresión escrita combinando unha imaxe que interactúa cun texto brevísimo . Cos memes literarios podemos traballar os recursos estilísticos (xogos de palabras, dobres sentidos, a ironía, hipérboles, metáforas..), a elipse e a síntese (esíxese moi pouco espazo), a rima así como aspectos da vida e obra dos autores en clave humorística.
Iso mesmo fixeron os alumnos e alumnas de 4º de ESO cos autores do Grupo Nós. A ver se sodes quen de responder as preguntas...
Autores: Pablo e Martín |
A que divertida novela de Vicente Risco se fai referencia neste meme?
Autoras: Tania e Carla |
Como se chama o personaxe da dereita, protagonista dun dos relatos de Cousas de Castelao? Lembras o argumento da historia?
Quen ilustraba os seus relatos?
Un excelente xogo de palabras baseado no apelido do fundador do Grupo Nós.
Autores: Brais e Álex. |
Non podía faltar... De que obra forma parte o relato ao que fai alusión Julio Iglesias? Quen é o seu autor? É realmente filla de
Julio Iglesias?
Autores do meme: Pablo e Martín.
Autores: David e Ian. |
Neste meme alúdese a un dos temas preferidos por Vicente Risco Revisade a súa vida e obra.
Ademais de na literaria, en que outras facetas brillou Castelao? Por que aparece tan serio cando di que era médico?
Autoras do meme: Vanesa, Verónica e Ainoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario