O Papalouzas desafíavos de novo con máis adiviñas. A ver se sodes quen de saber que cousa cousiña é.
Que será unha cousa cousalla
que todo di e non sabe nada?
Teño follas e non son árbore,
fáloche e non teño voz;
se me abren non me queixo,
adiviña ti quen son
Ten follas e non é vexetal;
ten pelexo e non é animal.
Ten lombo e non anda,
follas ten e non é planta,
sabe moito e nada fala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario