Tanto Perrault como Jacob Grimm, xunto co seu irmán Wilhelm, recompilaron e transcribiron contos da tradición oral que de non ser por eles non chegarían ata nós. Grazas ao seu traballo hoxe podemos gozar de historias tan coñecidas coma Carapuchiña Vermella, Barba Azul, Polgariño, Cincenta, A Bela durminte, o Gato con Botas, etc.
O Papalouzas ten para vós unhas coidadas edicións destes contos en galego cunhas fermosas ilustracións para quen se anime a retornar á infancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario