![]() |
Ilustración de Mª Anxos Corredoira Díaz |
O Papalouzas e familia desénxavos que pasades uns moi felices días de Entroido, nos que vos disfracedes, comades ben, riades moito e.... leades algunha cousiña entre o cocido, as filloas e as orellas. Hai tempo para todo! 🎉🎊
Velaí vos van unhas copliñas para que vos vaiades animando:
Ven Antroido, ven axiña
con máscara e barullo
pra poder brincar coas mozas
e pra encher ben o bandullo.
Delgadiña, delgadiña
quen te vestiu de gorda,
con careta e sen careta
a fame ben se che nota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario