![]() |
De esquerda a dereita: Carla, Tania, Alba, Verónica e Ainoa. |
Tamén lles contou que estivo de Erasmus en Inglaterra e que foi unha boa experiencia para ela aínda que estrañaba a súa terra e a súa familia. Rematados os estudos universitarios, Alba realizou o máster de profesorado en Madrid coa idea de cumprir o seu soño: ser profesora de Matemáticas na Ensinanza Secundaria porque considera que así terá máis tempo libre para a súa vida persoal, ao contrario que outras compañeiras súas da carreira, que traballan moitas horas en empresas privadas. As prácticas realizounas no IES Fonmiñá.
Actualmente Alba está a realizar o doutoramento ao que lle dedica moitas horas ao día e moita paciencia ao tempo que imparte aulas na universidade.
Así mesmo, as nosas alumnas amosáronlle unha gráfica cuns valores significativos sobre a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Para ela é moi difícil compaxinar unha vida laboral intensa coa vida familiar pero tamén coñece xente capacitada para facelo, tanto homes coma mulleres. Por outra banda na universidade nunca notou ningún trato discriminatorio con respecto aos seus compañeiros masculinos pero segue a preferir a docencia no ensino secundario.
Sorte, Alba! Que se cumpran os teus desexos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario