Para facer poesía serve calquera soporte. Que fariades se quixésedes ter un adhesivo personalizado coas vosas reflexións íntimas, cotiás ou coas vosas reivindicacións? Lembrade que o espazo é limitado, polo que a mensaxe ten que impactar ben na nosa vista e lucir bonita con cores e tipografías divertidas.
Antía Otero encargouse de novo de facer crear aos nosos rapaces e rapazas cousas incribles, desta volta aos de 2º, 3º e 4º de ESO.
Que vos parece se nun futuro non moi lonxe creamos uns adhesivos coas algunhas das súas creacións?
|
A Terra Chá é terra de poetas... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario