
Quen se anima a facer un monólogo divertido? O Campus Industrial da Universidade da Coruña organiza por primeira vez un Concurso de Monólogos co obxectivo de divulgar a creatividade, a oratoria e a imaxinación nos alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.
Se monologar en público non é o voso, hai outros dous concursos convocados por esta mesma entidade: o de Microrrelatos, do que xa tedes experiencia, e un de... Fotografía de Biblioteca !!! Que alegría lle habíades de dar ao Papalouzas🐭🐭
Con cal vos identificades máis? As bases atoparédelas premendo no nome de cada concurso. A que agardades??

Ningún comentario:
Publicar un comentario