xoves, 24 de outubro de 2019

Día da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca inaugurando unha exposición de libros antigos.  Contamos con verdadeiras xoias, por exemplo: dous dicionarios da RAE de comezos do século XX, varios Quijotes, dúas obras en latín, dúas en francés, un manual de inglés, un de logaritmos...

Moitas grazas a todas e todos polas vosas achegas, sen elas non sería posible expor obras tan valiosas.

Achegádevos, observádeos, podedes tocalos, lelos e sentilos...





Onte, hoxe, mañá e sempre...os libros serán fontes que sacien a nosa sede de saberes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario