luns, 25 de novembro de 2019

Día contra a Violencia Machista

Toda a comunidade educativa do IES Fonmiñá vestiuse de negro ou violeta. Desprazámonos ás 12:00 á praza do concello. Alí xuntámonos co alumnado e co profesorado do CEIP San Salvador (A Pastoriza) e do CEIP de Bretoña. 
Fixemos lectura colectiva dun manifesto no que amosamos o noso rexeitamento a esta lacra social. Gardamos un minuto de silencio en memoria de todas as víctimas
O noso alumnado leu algúns haikus dolorosos, esperanzadores...todos eles condenan con forza a violencia contra a muller.
Alumnado de Secundaria lendo os Haikus...
A gran "familia educativa" do concello da Pastoriza
Hoxe, e os demais días do ano, berramos ben alto: 
NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

A nosa escolla é a toma de conciencia, a educación e o compromiso coa igualdade.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario