Hoxe celebramos no IES Fonmiñá o Día da Muller e Nena na Ciencia coa presenza de Cristina Fraga, enxeñeira agrónoma que traballa na Asociación de Gandeiros A CANLE, e Mónica Pérez, enxeñeira industrial que ten unha empresa chamada Triesfera, centrada no deseño de pezas e fabricación con impresoras 3D.
|
Silvia , Alexia, Iria T. e Lucía presentando as nosas convidadas: Cirstina e Mónica |
|
Cristina iniciando a exposición do seu traballo |
|
Mónica nun momento da súa exposición |
O noso alumnado tamén elaborou unha exposición de carteis que recollen información de mulleres relevantes no mundo da ciencia. Podedes consultala no corredor da vidreira da biblioteca.
|
Mulleres relevantes do mundo da ciencia
Moitas grazas a todas e todos por todo o traballo realizado! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario