Hoxe reunímonos para comentar a obra lida durante este trimestre: 22 segundos de Eva Mejuto.
Tiñamos unha encomenda: destacar o personaxe máis significativo da obra e o motivo da nosa escolla.
Moitas de nós coincidimos na selección: o avó Ramón, entrañable coma todos os avós; aínda habendo unha gran distancia xeracional entre el e o seu neto, comprende e apoia todo o que el fai, e mesmo lle axuda a tomar decisións importantes na súa vida.
|
A nosa conversa centrouse na valoración de personaxes: avó, Anxo, Álex, Ana... |
|
Coa atención centrada en... |
Preparamos unha actividade colectiva, repartimos ao chou personaxes escritos en papeliños de cores, devolverémolos escritos con calidades dos e das personaxes que nos tocaran; cando os teñamos todos, elaboraremos un mural coas nosas valoracións.
Tamén recolleremos da obra frases célebres para nós, por exemplo: "O que non se di é coma se non existise"
|
As alumnas de 1º escollendo papeliños de cores... |
|
Matilde recollendo cores... |
|
Alicia busca a súas cores favoritas... |
|
As alumnas de 4º apañando papeis... |
Até a próxima reunión! Moitas grazas pola vosa implicación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario