A tarde de onte foi do máis interesante, comezamos cun encontro virtual coa escritora Eva Mejuto. Conversamos sobre a súa obra lida neste trimestre: 22 segundos.
Contounos como foi xestando a novela, tamén soubemos que o personaxe principal ten moito de real. Falamos de cuestións como identidade de xénero, das actividades 'tipicamente' masculinas ou femininas impostas pola sociedade...
Descubriunos algo que nós non percibiramos: mentres a personaxe é Xela, non está presente en toda a novela a marca de xénero; no momento en que o personaxe é Álex, xa temos o xénero masculino marcado.
Desvelounos algún segredo... que non contaremos e estaremos agardando...
Momento da conversa... |
A continuación elaboramos as colaxes que caracterizan a todas as personaxes masculinas e femininas.
Obradoiro de caligrafía artística... |
Neste panel temos: un recorte do xornal, un poema de Marica Campo con ilustración de Menchu Lamas, extraídos da obra Nós outras; e colaxes para caracterizar as personaxes. |
Nestoutro panel continúan as colaxes e as frases que nos chegaron ao corazón... |
E para rematar, unha merenda literaria ao aire libre, aproveitando os últimos raios de sol á caída da tardiña.
Repoñendo forzas... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario