Hoxe é un día moi especial para a literatura galega: acaban de outorgarlle o PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2021 ao escritor e xornalista Xesús Fraga coa obra Virtudes (e misterios).
Esta novela, o ano pasado, fora premiada co XXX Premio de novela longa Eduardo Blanco Amor.
Está narrada desde a perspectiva dos emigrantes retornados, recolle as vivencias da avoa e a nai do autor que viviron en carne propia a emigración en Londres.
Moitas mulleres e familias galegas veranse reflectidas nestas páxinas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario