xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da PAZ e da NON VIOLENCIA

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia levamos a cabo varias actividades:
  • Pegada de fotos nunha pomba, como símbolo da paz e amosando a nosa unión contra calquera tipo de violencia.
  • Lectura colectiva de textos elaborados polo noso alumnado.
    Pegada de fotos na pomba
    Alexia e Danailys lendo os seus relatos...
    Alumnado de portugués lendo a receita: Paz à moda do Fonminhá
    Alumnado de 4º ESO lendo os seus caligramas
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

domingo, 22 de decembro de 2019

Rematamos o trimestre

Demos remate ás actividades educativas o día 20 de decembro. Ao longo de toda a xornada realizamos as seguintes actividades:

Impresionante e reflexiva "performance" de @somoslag.La imagen puede contener: 38 personas, personas sonriendo

Recollida de libros na biblioteca para gozar do "Lecer Lector" durante o Nadal.
.La imagen puede contener: texto
Entrega de premios: XIV Concurso de Cabazas, II Concurso de Microrrelatos de Samaín e II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista.
      La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie
      Carla e Andrea, 1º premio das Cabazas, cos fenomenais presentadores



      La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie
      Daniel  e Matilda..., 2º premios das Cabazas

        La imagen puede contener: 2 personas, personas de pie y calzado
        Iria, premiada nos Microrrelatos
        La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas de pie y calzado
        Daniela, premiada nos Microrrelatos
      La imagen puede contener: una persona, de pie
      Carmen, premiada co Haiku e Haiga
      La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie
      Nicolás, premiado co Haiku e Haiga
      La imagen puede contener: 10 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior
      Parte do profesorado e persoal non docente que participou na categoría do profesorado
      La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie
      Os haikus e haigas que puntuaron mellor o noso alumnado foron os de Cristina R., Roi e Alicia.
    Iniciación ao baile merengue.
    La imagen puede contener: una o varias personas, personas bailando, cancha de baloncesto y calzado
    Pequena mostra das grandes destrezas en materia de baile...

    La imagen puede contener: interior

    Desde a nosa biblioteca desexámosvos unhas boas lecturas e unha boas festas!



    luns, 25 de novembro de 2019

    25 de novembro, sempre!

    Desde o IES Fonmiñá sumámonos ás actividades do Concello da Pastoriza na loita contra a Violencia de Machista.

    Aquí vos deixamos unha curta realizada por veciñas e veciños deste concello:

    Loitando xuntos seremos máis fortes!

    Aquí vos deixo algunhas suxestións literarias:

     


    A lectura fainos libres e fortes!
    Gocemos lendo!

    II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista

    Esta convocatoria, igual ca anterior, pretende sensibilizar a toda a comunidade educativa na loita contra a violencia machista. Así o expresamos coa nosa creatividade.

    A participación do noso alumnado na creación de haikus e haigas foi todo un éxito.


    O xurado reunirase nesta semana para escoller os mellores. Non o teñen fácil!

    Este ano ampliamos a  creatividade ao profesorado e ao persoal non docente, estes non participamos no concurso.


    Todos estes traballos encadernaranse e ficarán na biblioteca  do noso centro.

    Despois de días de deliberacións temos o resultado:

    Haiku e Haiga de Carmen (1º ESO)

    Haiku e haiga de Nicolás (4º ESO)
    Os haikus e haigas de maior puntuación do profesorado e persoal non docente: 

    Roi ("profe" de Francés)

    Alicia (Orientadora)

     Cristina R. ("profe" de Lingua Castelá e Literatura)

    Moitas grazas a todos e todas pola vosas achegas!

    Día contra a Violencia Machista

    Toda a comunidade educativa do IES Fonmiñá vestiuse de negro ou violeta. Desprazámonos ás 12:00 á praza do concello. Alí xuntámonos co alumnado e co profesorado do CEIP San Salvador (A Pastoriza) e do CEIP de Bretoña. 
    Fixemos lectura colectiva dun manifesto no que amosamos o noso rexeitamento a esta lacra social. Gardamos un minuto de silencio en memoria de todas as víctimas
    O noso alumnado leu algúns haikus dolorosos, esperanzadores...todos eles condenan con forza a violencia contra a muller.
    Alumnado de Secundaria lendo os Haikus...
    A gran "familia educativa" do concello da Pastoriza
    Hoxe, e os demais días do ano, berramos ben alto: 
    NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

    A nosa escolla é a toma de conciencia, a educación e o compromiso coa igualdade.

    Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!

    xoves, 7 de novembro de 2019

    Mulleres na ciencia

    Hoxe a ciencia perde un gran referente, falece Margarita Salas aos 80 anos. Discípula de Severo Ochoa, bioquímica e investigadora, que seguía en activo no seu laboratorio do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.

    Unha muller nun mundo de homes

    Nalgunha ocasión manifestou:

    «Se pensaba que no estábamos capacitadas. A mí se me discriminaba por ser mujer, no se me tenía en cuenta, era invisible… Ahora se habla de techos de cristal, pero entonces ni siquiera se contemplaba un techo»

     «Cuando yo empecé, en 1961, se pensaba que nosotras no estábamos preparadas. Ahora se tienen las ideas mucho más claras que entonces».

    Aquí tedes un emotivo e ameno vídeo para coñecer a esta magnífica muller:



    Agardamos que gocedes aprendendo!

    domingo, 3 de novembro de 2019

    Premio Nacional de Poesía 2019: Pilar Pallarés

    A poeta galega, Pilar Pallarés, recibe o Premio Nacional de Poesía 2019 pola obra Tempo fósil (Premio da Crítica Española 2018). Nesta obra reflexiona sobre a perda e a destrución  despois de vivir a derruba da súa casa familiar para a ampliación do aeroporto da Coruña. Tamén estende a súa voz á emerxencia climática que sofre o planeta e ao drama dos refuxiados.
    Outras obras da autora: Entre lusco e fusco (1979), Sétima soidade (1983, Premio Esquío), Livro das devoracións (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011, Premio da AELG).


    Axiña teremos esta obra e outras na nosa biblioteca!