Todos os 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A AECC, en colaboración coa unidade de patoloxía mamaria do Hula e o patrocinio de Suministros La Ronda convoca a II Edición do Certame Literario sobre o Cancro de Mama.
Os relatos poden ser presentados en galego ou castelán.
A extensión dos relatos, que teñen que tratar sobre o cancro de mama, non pode ser inferior a 3000 carácteres nin tampouco superior a 4500, incluíndo espazos. O enderezo electrónico para enviar os textos é este: relatoconcursolugo@aecc.es
O gañador ou gañadora desta segunda edición será premiado/a con 2500€
Atoparedes máis información sobre as bases do concurso nas páxinas do xornal El Progreso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario