A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega o I Concurso de Relato Curto "Agustín Fernández Paz" coa finalidade de promover a literatura infantil e xuvenil en lingua galega e homenaxear, ao tempo, unha das súas figuras máis representativas.
- Poderán participar no concurso todas as persoas interesadas en escribir para público infantil e xuvenil en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos.
- As obras que se presenten terán un máximo de cinco páxinas mecanografadas a espazo e medio. Non obstante, o xurado podería reconsiderar este criterio se a temática ou o necesario desenvolvemento do argumento así o requirise.
- Os/as participantes enviarán o texto en formato pdf por correo electrónico ao seguinte enderezo: candolernonserve@gmail.com
- A persoa autora da obra premiada recibirá un vale da libraría Moito Conto por valor de 150 €. Así mesmo, o relato gañador será exhibido nun espazo público da Facultade de Ciencias da Educación.
- Se queredes ler as bases completas premede acó.
Ningún comentario:
Publicar un comentario