70 millas hasta el paraíso é unha novela realista que aborda os temas da inmigración, o tráfico ilegal de nenos e o choque cultural que sofren as persoas que se arriscan a atravesar as fronteiras na procura dunha vida mellor, todo a través dos ollos de Sarah, unha nena que vive directamente estes problemas.
Ni un ángel a la vista comeza así: Este verano hacía muchísimo calor, el sol quemaba, y Merel iba a menudo a la piscina con sus amigas Sylvie y Rachel. Allí descubrió que tenía unas escamas grises en la piel, después de ducharse. Observó a sus amigas mientras se secaban y, aunque se bañaban tanto como ella, no tenían escamas.
Esta novela conta a historia de Merel, unha rapaza que sofre neurodermite, unha seria e desagradable doenza da pel. Á volta ao instituto ao rematar o verán vai supoñer un inferno para Merel, que sufrirá o acoso e o rexeitamento dos seus compañeiros por mor do seu problema....
Este é un fragmento do comezo de Bartolomé no quiere vivir como un perro:
Bartolomé Carrasco estaba sentado en los quebradizos peldaños de piedra, a la sombra del portal de la iglesia, y observaba a los niños. Descalzos y vestidos modestamente, como él mismo, se encontraban después de la cena para jugar juntos en la plaza del pueblo.
Bartolomé é un rapaz de corpo pequeno e deforme que se traslada da súa vila natal de Castela ao Madrid da corte de Felipe IV. Por casualidade a infanta Margarida repara en Bartolomé e encapríchase del coma se dun xoguete ou dunha mascota se tratase. O mozo pasa a formar parte do séquito de ananos que ten a infanta para a súa diversión. Na corte fai amizade con Andrés, un pintor membro do obradoiro de Velázquez e descobre que Bartolomé ten talento para a pintura.
TAKATUKA é unha editorial que concibe a lectura, tal como eles contan, coma un medio para reflexionar, madurar e camiñar cara a un mundo mellor. Os seus libros falan da capacidade de superación das persoas, do tóxicos que son os prexuízos, de como enfrontarse aos medos e loitar contra eles.
Por mediación do Departamento de Orientación temos estas tres novelas na biblioteca. Xa nos contaredes que tal....
Ningún comentario:
Publicar un comentario