Begoña, mestra de Matemáticas leu La mano de Fátima no ano 2010, un ano despois da súa publicación. O mesmo día que saíu ás librarías xa se venderon nada menos que 50000 exemplares.
Gustoume esta novela porque trata o tema histórico da expulsión dos moriscos e a súa loita cos cristiáns e porque presenta unha visión nova da relatada nos libros de historia e da que nos contaban nas clases.
É unha novela moi entretida aínda que ten unha parte moi crúa, que describe a violación de Fátima, que fixo que estivese a piques de deixar a lectura.
Recomendo La mano de Fátima especialmente por esa visión diferente da historia que aporta.
Unha boa recomendación para os que lles guste a historia con tintes novelescos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario