Pois si, o Día Mundial da Neve (DMN) é o 19 de xaneiro. Esta celebración forma parte dunha campaña internacional creada pola Federación Internacional de Esquí (FIS) co obxectivo de achegar ao público o marabilloso mundo da neve, mediante actividades de lecer varias.
Na biblioteca tamén temos neve... nos libros. Nalgunhas historias a neve é o marco onde ten lugar a acción como en A neve interminable de Agustín Fernández Paz, ou en A chamada da selva, de Jack London (lembrade a reseña de Ainhoa). A neve é a protagonista principal en A raíña das neves, de Hans Christian Andersen, ou tamén pode ser simplemente o nome da protagonista dun dos contos máis famosos, Brancaneves, porque tiña unha pel tan branca coma a neve. Ou pode ser o título dunha inquietante historia como Nieve negra, de Camila Valenzuela León. E así, moitos máis títulos que vós coñecedes. Se se vos ocorrren máis, facédenolo saber!
Ningún comentario:
Publicar un comentario