Ainoa, gran afeccionada ás historias fantásticas, vainos contar as súas impresións sobre Bilbo e compañía.
luns, 22 de xaneiro de 2018
O HOBBIT e o universo máxico de TOLKIEN
O Hobbit (1937) é a primeira obra que nos dá a coñecer o apaixonante mundo saído da mente de J.R.R. Tolkien. Grazas a el, a fantasía coñece un antes e un despois e as súas obras inspiraron a moitos autores (pensade en Xogo de Tronos, As crónicas de Narnia, Harry Potter...). A idea orixinal de Tolkien era escribir un libro para entreter a seus fillos pero o manuscrito, aínda sen rematar, acabou caendo en mans duns editores que lle propuxeron publicar a historia. A novela acadou tanto éxito e popularidade que os editores lle pediron a Tolkien unha continuación titulada O Señor dos Aneis. O resto xa o sabemos: innumerables edicións en todos os idiomas, personaxes inesquecibles, espectaculares versións cinematográficas, webs dedicadas a Tolkien, lexións de seguidores por todo o mundo...
Ainoa, gran afeccionada ás historias fantásticas, vainos contar as súas impresións sobre Bilbo e compañía.
Ainoa, gran afeccionada ás historias fantásticas, vainos contar as súas impresións sobre Bilbo e compañía.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario