El camino (1950) conta a historia dun neno, Daniel el Mochuelo, que se traslada á cidade a estudar o bacharelato. Unha noite antes de partir lembrará todo o que viviu nese lugar, amigos, peripecias, e descubrirá que o seu camiño é a súa propia aldea.
A Luis, o profesor de Inglés, foi unha novela que lle gustou moito e dános as súas razóns:
Lin o libro cando tiña 12-13 anos. Gustoume porque nos libros pódense atopar marabillosas historias e aventuras que en moitos casos deixan pequena a vida real, tan aburrida e monótona a maioría das veces.
Recoméndoo porque calquera rapaz que o lea hoxe en día gozará dunhas páxinas cheas de temas atemporais como a amizade, o amor, a morte... En fin, un libro para todas as idades e todos os momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario