venres, 31 de xaneiro de 2020

200 anos de Concepción Arenal

O 31 de xaneiro de 1820, nacía en Ferrol Concepción Arenal, xurista e escritora galega, visitadora de cárceres e pioneira no feminismo.

"Abride escolas e pecharedes cárceres"
CONCEPCIÓN ARENAL

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da PAZ e da NON VIOLENCIA

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia levamos a cabo varias actividades:
  • Pegada de fotos nunha pomba, como símbolo da paz e amosando a nosa unión contra calquera tipo de violencia.
  • Lectura colectiva de textos elaborados polo noso alumnado.
    Pegada de fotos na pomba
    Alexia e Danailys lendo os seus relatos...
    Alumnado de portugués lendo a receita: Paz à moda do Fonminhá
    Alumnado de 4º ESO lendo os seus caligramas
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración!