sábado, 31 de outubro de 2020

Samaín 2020

 Nesta semana recibimos as cabazas e os microrrelatos. Nos próximos días resolveremos os dous concursos. 

Coma todos os anos, son terroríficas as vosas creacións!



Grazas a todas e todos pola vosa participación!



xoves, 15 de outubro de 2020

Premio Nacional de Poesía 2020

 A poeta da Pobra do Brollón, Olga Novo, obtivo o Premio Nacional de Poesía coa obra Feliz idade.

Trátase dun poemario cunha forte implicación sentimental e emocional. É de destacar, tamén, a presenza do mundo rural e o seu progresivo abandono.

Olga Novo é poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario, ten publicados outros poemarios:

A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez)), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011, Premio da Crítica)


Hoxe que se celebra o Día da Muller Rural... ela tamén procede do rural.
Parabéns!


xoves, 8 de outubro de 2020

Volve LERLEREI!

 A Pastoriza, 8 de outubro de 2020


Estimada comunidade educativa:


 Como levamos facendo desde hai dous anos, iniciamos neste mes de outubro a nosa andaina no Club de Lectura LERLEREI, co obxectivo de potenciar o hábito lector entre o noso alumnado. Formamos parte deste profesoras, persoal non docente, alumnado e, no curso pasado, incorporáronse dúas familias a esta iniciativa; mais a biblioteca continúa aberta á participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.


Damos a benvida ao novo alumnado, ás súas familias e ao profesorado  e convidámosvos a participar connosco nesta apaixonante viaxe que é a lectura. Nestes días distribuímos os novos carnés de lectores e lectoras, para que poidades retirar libros en préstamos, durante 15 días, ampliables ao tempo que fose preciso. As familias atenderémolas por vía telefónica, no horario de dedicación á biblioteca (que se recolle máis abaixo); e os libros farémosvolos chegar polas vosas fillas e fillos.


Pertencer ao Club de Lectura supón ler, conversar e opinar sobre o lido, participar nalgunhas actividades como: visionado de documentais, encontro con escritores e outras que vaian xurdindo en relación coas obras propostas.


As reunións do Club de Lectura están por determinar, mais en principio, realizaremos nos recreos (de luns a xoves de 12:15 a 12:35 e venres de 11:50 a 12:10) e algunha pola tarde entre as 16:00 e as 18:00 h, sempre garantindo as medidas hixiénicas de desinfección e ventilación;  tamén, dada a situación sanitaria podemos pensar en realizar algunha xuntanza de maneira virtual.


As lecturas propostas serán variadas en xéneros e en temáticas. Iniciamos con cómic, seleccionamos a obra Zenobia.


Atentamente, agradecemos a atención prestada e para calquera dúbida estaremos ao voso dispor para resolvela.


Un saúdo


Biblioteca do IES Fonmiñá


HORARIO BIBLIOTECA
 IES FONMIÑÁ



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES


9:45

10:35






10:10

11:00

10:35

11:25

Soco


Soco



11:00

11:50

11:25

12:15





Soco

11:50

12:10

12:15

12:35

Matilde

Soco

Soco

Matilde

Soco

12:10

13:00

12:35

13:25






13:00

13:50

13:25

14:15

Soco

Matilde





13:50

14:40

14:15

15:05









xoves, 1 de outubro de 2020

Homenaxe a Quino e a Mafalda

 Onte deixábanos Quino, un  crítico mestre do humorismo gráfico. Con el tamén marchou a pequena Mafalda, tan loitadora, pois tentou mudar este mundo.  

Sempre nos acompañarán!

Moitas grazas polas súas humorísticas reflexións!




Hora de ler


Iniciamos unha nova andaina, nun curso cheo de incertidumes...A COVID 19 ocupa o centro das nosas vidas, tamén a integraremos nos nosos proxectos.

Hoxe retomamos a HORA DE LER, iniciada no curso pasado. Tivemos que prescindir da biblioteca de aula, polo tanto pedímosvos a todas e todos responsabilidade para que non vos esquezades de ter sempre convosco un libro ou de collelo en préstamo na biblioteca.

Lembrade que tedes o calendario nas vosas aulas

Biblioteca IES Fonmiñá

Boas lecturas!