luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro, sempre!

Desde o IES Fonmiñá sumámonos ás actividades do Concello da Pastoriza na loita contra a Violencia de Machista.

Aquí vos deixamos unha curta realizada por veciñas e veciños deste concello:

Loitando xuntos seremos máis fortes!

Aquí vos deixo algunhas suxestións literarias:

 


A lectura fainos libres e fortes!
Gocemos lendo!

II Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista

Esta convocatoria, igual ca anterior, pretende sensibilizar a toda a comunidade educativa na loita contra a violencia machista. Así o expresamos coa nosa creatividade.

A participación do noso alumnado na creación de haikus e haigas foi todo un éxito.


O xurado reunirase nesta semana para escoller os mellores. Non o teñen fácil!

Este ano ampliamos a  creatividade ao profesorado e ao persoal non docente, estes non participamos no concurso.


Todos estes traballos encadernaranse e ficarán na biblioteca  do noso centro.

Despois de días de deliberacións temos o resultado:

Haiku e Haiga de Carmen (1º ESO)

Haiku e haiga de Nicolás (4º ESO)
Os haikus e haigas de maior puntuación do profesorado e persoal non docente: 

Roi ("profe" de Francés)

Alicia (Orientadora)

 Cristina R. ("profe" de Lingua Castelá e Literatura)

Moitas grazas a todos e todas pola vosas achegas!

Día contra a Violencia Machista

Toda a comunidade educativa do IES Fonmiñá vestiuse de negro ou violeta. Desprazámonos ás 12:00 á praza do concello. Alí xuntámonos co alumnado e co profesorado do CEIP San Salvador (A Pastoriza) e do CEIP de Bretoña. 
Fixemos lectura colectiva dun manifesto no que amosamos o noso rexeitamento a esta lacra social. Gardamos un minuto de silencio en memoria de todas as víctimas
O noso alumnado leu algúns haikus dolorosos, esperanzadores...todos eles condenan con forza a violencia contra a muller.
Alumnado de Secundaria lendo os Haikus...
A gran "familia educativa" do concello da Pastoriza
Hoxe, e os demais días do ano, berramos ben alto: 
NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

A nosa escolla é a toma de conciencia, a educación e o compromiso coa igualdade.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!

xoves, 7 de novembro de 2019

Mulleres na ciencia

Hoxe a ciencia perde un gran referente, falece Margarita Salas aos 80 anos. Discípula de Severo Ochoa, bioquímica e investigadora, que seguía en activo no seu laboratorio do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.

Unha muller nun mundo de homes

Nalgunha ocasión manifestou:

«Se pensaba que no estábamos capacitadas. A mí se me discriminaba por ser mujer, no se me tenía en cuenta, era invisible… Ahora se habla de techos de cristal, pero entonces ni siquiera se contemplaba un techo»

 «Cuando yo empecé, en 1961, se pensaba que nosotras no estábamos preparadas. Ahora se tienen las ideas mucho más claras que entonces».

Aquí tedes un emotivo e ameno vídeo para coñecer a esta magnífica muller:



Agardamos que gocedes aprendendo!

domingo, 3 de novembro de 2019

Premio Nacional de Poesía 2019: Pilar Pallarés

A poeta galega, Pilar Pallarés, recibe o Premio Nacional de Poesía 2019 pola obra Tempo fósil (Premio da Crítica Española 2018). Nesta obra reflexiona sobre a perda e a destrución  despois de vivir a derruba da súa casa familiar para a ampliación do aeroporto da Coruña. Tamén estende a súa voz á emerxencia climática que sofre o planeta e ao drama dos refuxiados.
Outras obras da autora: Entre lusco e fusco (1979), Sétima soidade (1983, Premio Esquío), Livro das devoracións (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011, Premio da AELG).


Axiña teremos esta obra e outras na nosa biblioteca!