mércores, 25 de novembro de 2020

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Neste tempo de pandemia, a familia educativa do Fonmiñá reunímonos nun día ben gris para mostrar o noso rexeitamento contra outra pandemia: a violencia contra as mulleres.

Elaboramos os nosos carteis coa palabra NON en distintos idiomas (galego, francés, castelán, inglés, árabe, chinés, alemán...); tamén formamos unha cadea humana cun NON ben grande!










Xuntos remando na mesma dirección!

Até final de mes continuaremos elaborando haikus e haigas contra a Violencia Machista. 

venres, 13 de novembro de 2020

III Concurso de Haikus e Haigas contra a Violencia Machista

Preparamos a próxima edición coa ilusión de xuntar as nosas mans e a nosa creatividade para loitar contra a violencia machista. Así, unha vez máis, queremos convidar a toda a comunidade educativa a participar neste concurso de haikus e haigas. 
O primeiro ano participou o alumnado, o segundo ano sumámonos o profesorado e o persoal non docente; estes  traballos foron recollidos nun libro que temos ao voso dispor na biblioteca. E nesta terceira convocatoria queremos convidar as familias a que formen parte das nosas reivindicacións.

Aquí deixamos as bases:


Para participar podedes recoller as cartolinas en conserxería e despois entregalas na biblioteca ou envialas ao seguinte correo: bibliotecafonminha@gmail.com

Nesta loita sumamos todos e todas!


Día das Librarías

Unímonos a unha celebración moi especial: o Día das Librarías.
Estes espazos teñen as portas abertas a lugares marabillosos nos que viviremos grandes aventuras a través dos seus libros.
Que fariamos sen os libreiros e libreiras? Sempre atendéndonos con amabilidade e aconsellándonos nas nosas eleccións.
 Moitas grazas polo voso bo facer! 



martes, 3 de novembro de 2020

XV Concurso de Cabazas

Aquí temos o orgullo de presentarvos as artistas gañadoras do XV Concurso de Cabazas.
  • "Aula anti.covid" de Cristina (1º ESO)
  • "O rural á nosa maneira" de Andrea e Carla (2º ESO)

Parabéns ao resto de participantes polas vosas artísticas creacións!


Moitas grazas polo voso fantástico traballo!