xoves, 28 de setembro de 2017

Estreamos moble para os dicionarios!

E que ben queda! Están os dicionarios máis a man e gañamos espazo.

Matilde, profesora colaboradora da Biblioteca e cerebro da operación.



















mércores, 27 de setembro de 2017

REBELDES festexa o seu 50 aniversario. Parabéns!


Hai 50 anos que se publicou Rebeldes, a novela que revolucionou a literatura e a cultura xuvenís. O seu título orixinal é The outsiders, é dicir, "marxinados", cualificativo que acae mellor aos seus protagonistas. 
O cineasta Francis Ford Coppola realizou en 1983 unha película baseada na novela, hoxe considerada filme de culto.
A obra foi escrita en 1967 por unha adolescente Susan E. Hinton que aínda non se graduara no instituto, e nas últimas cinco décadas converteuse na novela xuvenil máis vendida da historia.
Con Rebeldes, Susan E. Hinton quixo dar voz ao tipo de historias que ela buscaba sen éxito nas librarías: historias para adolescentes que reflectisen fielmente a súa realidade e os seus problemas cotiáns. Cincuenta anos despois da súa publicación, Rebeldes consolidouse como un clásico atemporal da literatura xuvenil, que continúa emocionando por igual a lectores de todo o mundo. Na Biblioteca temos varios exemplares de Rebeldes en galego e en castelán e o Papalouzas dá fe de que son libros moi solicitados polos alumnos e alumnas a xuzgar polo usadiños que están, ou seica os roería el?...
          Edición especial polo 50
aniversario da novela 

martes, 26 de setembro de 2017

Daniela e Nicolás recoméndanvos...

Os irmáns Acebedo Torrego, alumnos de 2º de ESO e bibliófilos do IES Fonmiñá, vanvos recomendar un par de lecturas para este outono recén aterrado.

El Perfume, de Patrick Süskind. Gustoume porque é un libro algo complexo e polo tanto, máis entretido, con moitos detalles e unha trama que te mantén atenta e desexando avanzar constantemente. A novela vai dun home cun sentido do olfacto extraordinario pero que carece de olor, entón crea un perfume que o converte na persoa máis desexada do planeta, aínda que para conseguilo teña que matar rapazas virxes. 
Recomendo o libro para os que teñan algo de experiencia lendo (non convén empezalo sen algo de vocabulario) porque supón un reto para as túas 
capacidades. Despois non  queres parar de lelo.




El juego de Ender, de Orson Scott Card. Gustoume porque é de ciencia-ficción e a min encántame este xénero, e tamén polo final totalmente inesperado. Recomendo lelo porque é un libro doado de comprender e está contado dende o punto de vista dun neno. Ese neno é o terceiro fillo dunha familia da Terra, onde a norma é só ter dous fillos por familia. Aos seis anos Ender é reclutado para a Escola da Batalla, unha estación espacial onde preparan os nenos para  Terceira Invasión, unha guerra cos Insectores.

luns, 25 de setembro de 2017

E quen é o Papalouzas?

É o amo da Biblioteca. Ocúpase de todo coa axuda de varios colaboradores. No vídeo de abaixo, Pablo, Mª Anxos, Sandra, Claudia e Nair cóntannos como o coñeceron:


Temos un retrato-robot do Papalouzas,
non se deixa fotografar moito... 
 Sabemos que é gaiteiro ademais de bibliotecario
 




                                      

mércores, 20 de setembro de 2017

Na memoria de Agustín Fernández Paz

Queremos estrear a bitácora da Biblioteca do noso centro lembrando a pequena e fermosa homenaxe que os rapaces e rapazas do Fonmiñá lle dedicaron o pasado curso a Agustín Fernández Paz, que nos deixou en xullo do 2016. É un dos autores máis queridos e máis lidos polos nosos alumnos e ocupa un espazo moi especial na nosa biblioteca.