venres, 21 de febreiro de 2020

Día Internacional da Lingua Propia

Para que poidamos seguir sendo galegos, falemos galego.
Transmitamos de xeración en xeración a nosa lingua para asegurar o seu futuro.


Entroido: Fonmigoya 2020

Celebramos un entroido moi especial.
Representamos escenas de películas e series como:
Viernes 13, La  casa de papel, Riverdale, Viláns e vilás vs. Superheroínas e Superheroes, Os  gorrillas, Madness Combat, Buscando a Nemo e O que arde.

La casa de papel. 2º ESO
Viláns e vilás vs. Superheroínas e superheroes. 1º ESO
Os gorrillas e Fran Rivera.  3º ESO e 2º ESO
Madness Combat. 1º ESO
Viernes 13. 3º ESO
O que arde
Buscando a Nemo. 3º ESO
Buscando a Nemo foi a elexida polo xurado.

Parabéns ao equipo gañador e  ao resto de participantes! 
Moitas grazas polo voso traballo, implicación e ilusión!

martes, 11 de febreiro de 2020

Día da Muller e Nena na Ciencia

Hoxe celebramos no IES Fonmiñá o Día da Muller e Nena na Ciencia coa presenza de Cristina Fraga, enxeñeira agrónoma que traballa na Asociación de Gandeiros A CANLE,  e Mónica Pérez, enxeñeira industrial que ten unha empresa chamada Triesfera, centrada no deseño de pezas e fabricación con impresoras 3D.

Silvia , Alexia, Iria T. e Lucía presentando as nosas convidadas: Cirstina e Mónica

Cristina iniciando a exposición do seu traballo

Mónica nun momento da súa exposición
O noso alumnado tamén elaborou unha exposición de carteis que recollen información de mulleres relevantes no mundo da ciencia. Podedes consultala no corredor da vidreira da biblioteca.
Mulleres relevantes do mundo da ciencia

Moitas grazas a todas e todos por todo o traballo realizado!