mércores, 27 de setembro de 2017

REBELDES festexa o seu 50 aniversario. Parabéns!


Hai 50 anos que se publicou Rebeldes, a novela que revolucionou a literatura e a cultura xuvenís. O seu título orixinal é The outsiders, é dicir, "marxinados", cualificativo que acae mellor aos seus protagonistas. 
O cineasta Francis Ford Coppola realizou en 1983 unha película baseada na novela, hoxe considerada filme de culto.
A obra foi escrita en 1967 por unha adolescente Susan E. Hinton que aínda non se graduara no instituto, e nas últimas cinco décadas converteuse na novela xuvenil máis vendida da historia.
Con Rebeldes, Susan E. Hinton quixo dar voz ao tipo de historias que ela buscaba sen éxito nas librarías: historias para adolescentes que reflectisen fielmente a súa realidade e os seus problemas cotiáns. Cincuenta anos despois da súa publicación, Rebeldes consolidouse como un clásico atemporal da literatura xuvenil, que continúa emocionando por igual a lectores de todo o mundo. Na Biblioteca temos varios exemplares de Rebeldes en galego e en castelán e o Papalouzas dá fe de que son libros moi solicitados polos alumnos e alumnas a xuzgar polo usadiños que están, ou seica os roería el?...
          Edición especial polo 50
aniversario da novela 

Ningún comentario:

Publicar un comentario