luns, 21 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO NA COMPRA...

Se fixestes a compra no Gadis estes últimos días talvez reparastes que aparecía na bolsa a cara desta señora cun texto ao carón. É Mª Victoria Moreno. Tomade unha miguiña de tempo para lerdes estas palabras da autora. Estades de acordo co que di?
Amosade a vosa opinión no blog ou animádevos a continuar o seu diario...


9 comentarios:

  1. Este texto pareceume moi profundo e sentimental.E tamén parece que a autora tivo un bo día cando o escribiu.

    Pablo Arias Morán

    ResponderEliminar
  2. Este texto pareceume moi bonito porque a autora explica o que sente e como e a vida. Persoalmente penso que a vida si che dá sorpresas pero non sempre, e tamen che dá desgustos. Carlos Florencio

    ResponderEliminar
  3. Si que me gustou o que di María Victoria Moreno, porque dí cousas moi bonitas da vida, como por exemplo "dá amor ós que queren diñeiro". Nese caso eu elixiría o amor. Antía Fernández

    ResponderEliminar
  4. Estou de acordo con Mª Victoria Moreno, porque a vida é bonita e sempre che dá sorpresas que nunca sabes cando. É coma un mundo sen explorar. Iria Castrillón.

    ResponderEliminar
  5. Eu estou de acordo porque di como é a vida sen esconder nada e conta as súas experiencias.Lucía García

    ResponderEliminar
  6. Identifícome cando di que dá amor ós que queren diñeiro. Para min o amor é máis importante ca o diñeiro.
    Iria Trashorras Murado.

    ResponderEliminar
  7. Define perfectamente a vida: extraña e con cousas inesperadas. Gustoume a última frase:"Con todo, qué bonita é a vida". Porque a pesar do que che vía pasando, creo que verdadeiramente a vida son os momentos bos.
    Alex Iglesia Vila

    ResponderEliminar
  8. María Victoria Moreno ten razón no que di. Sempre pasan cousas de xeito inesperado, pero a vida é moi bonita.
    Gustoume a frase "E dá todo cando menos se espera, mesmo cando as mans xa non teñen azos para recibilo...", porque sempre pasa todo de xeito inesperado, aínda que non sexa o mellor momento.
    Yaiza Prieto Fernández

    ResponderEliminar