domingo, 3 de novembro de 2019

Premio Nacional de Poesía 2019: Pilar Pallarés

A poeta galega, Pilar Pallarés, recibe o Premio Nacional de Poesía 2019 pola obra Tempo fósil (Premio da Crítica Española 2018). Nesta obra reflexiona sobre a perda e a destrución  despois de vivir a derruba da súa casa familiar para a ampliación do aeroporto da Coruña. Tamén estende a súa voz á emerxencia climática que sofre o planeta e ao drama dos refuxiados.
Outras obras da autora: Entre lusco e fusco (1979), Sétima soidade (1983, Premio Esquío), Livro das devoracións (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011, Premio da AELG).


Axiña teremos esta obra e outras na nosa biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario