xoves, 8 de outubro de 2020

Volve LERLEREI!

 A Pastoriza, 8 de outubro de 2020


Estimada comunidade educativa:


 Como levamos facendo desde hai dous anos, iniciamos neste mes de outubro a nosa andaina no Club de Lectura LERLEREI, co obxectivo de potenciar o hábito lector entre o noso alumnado. Formamos parte deste profesoras, persoal non docente, alumnado e, no curso pasado, incorporáronse dúas familias a esta iniciativa; mais a biblioteca continúa aberta á participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.


Damos a benvida ao novo alumnado, ás súas familias e ao profesorado  e convidámosvos a participar connosco nesta apaixonante viaxe que é a lectura. Nestes días distribuímos os novos carnés de lectores e lectoras, para que poidades retirar libros en préstamos, durante 15 días, ampliables ao tempo que fose preciso. As familias atenderémolas por vía telefónica, no horario de dedicación á biblioteca (que se recolle máis abaixo); e os libros farémosvolos chegar polas vosas fillas e fillos.


Pertencer ao Club de Lectura supón ler, conversar e opinar sobre o lido, participar nalgunhas actividades como: visionado de documentais, encontro con escritores e outras que vaian xurdindo en relación coas obras propostas.


As reunións do Club de Lectura están por determinar, mais en principio, realizaremos nos recreos (de luns a xoves de 12:15 a 12:35 e venres de 11:50 a 12:10) e algunha pola tarde entre as 16:00 e as 18:00 h, sempre garantindo as medidas hixiénicas de desinfección e ventilación;  tamén, dada a situación sanitaria podemos pensar en realizar algunha xuntanza de maneira virtual.


As lecturas propostas serán variadas en xéneros e en temáticas. Iniciamos con cómic, seleccionamos a obra Zenobia.


Atentamente, agradecemos a atención prestada e para calquera dúbida estaremos ao voso dispor para resolvela.


Un saúdo


Biblioteca do IES Fonmiñá


HORARIO BIBLIOTECA
 IES FONMIÑÁ



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES


9:45

10:35






10:10

11:00

10:35

11:25

Soco


Soco



11:00

11:50

11:25

12:15





Soco

11:50

12:10

12:15

12:35

Matilde

Soco

Soco

Matilde

Soco

12:10

13:00

12:35

13:25






13:00

13:50

13:25

14:15

Soco

Matilde





13:50

14:40

14:15

15:05









Ningún comentario:

Publicar un comentario